Casasimarro

Casasimarro

Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, na beira esquerda do río Júcar (3.049 h [1996]). O cultivo de cereais, viña e oliveira, xunto cunha pequena gandería, son as principais actividades económicas. No sector industrial destacan as fábricas de elaboración da madeira. Ten tradición a fabricación artesanal de guitarras.