Casateites
Casateites
Río afluente do Sor pola esquerda. Nace na vertente oriental da serra da Faladoira, na parroquia das Grañas do Sor, no concello de Mañón. O seu curso adopta unha dirección NO-SL polo que drena a parroquia ata a súa desembocadura, no límite coa parroquia de Cabanas, no concello de Ourol.