Cascalls, Jaume

Cascalls, Jaume

Escultor, pintor e arquitecto. Activo entre 1341 e 1377, realizou o retablo da Mare de Déu na igrexa de Cornellà de Conflent (1345). Nesas datas traballou na escultura de Carlomagno conservada na catedral de Girona. Dende 1349 permaneceu no mosteiro de Santa Maria de Poblet onde fixo os sepulcros das raíñas María de Navarra e Leonor de Portugal e, entre 1369 e 1373, as estatuas xacentes de Xaime I, Afonso I e outros infantes aragoneses. En 1361 foi nomeado mestre maior da Sé de Lleida e, en 1375, confiáronselle as estatuas do apostolado do portal da catedral de Tarragona.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Berga

  • Deceso