Cascas, mosteiro das
Cascas, mosteiro das
Antigo mosteiro beneditino situado en Betanzos. Recibiu tamén o nome de San Paio de Xeronzo e Santa María das Donas. Fundouno o conde Froila Bermúdez e refundouno cara ao 1138 o conde Vermudo; este último entregoullo á súa filla Urraca e en 1145 foi doado ao mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.