casco
(< cascar)
-
s
m
[BÉL]
-
-
Peza da armadura antiga ou medieval que cubría a cabeza. O casco de coiro precedeu ao de metal, aínda que coexistiron os dous durante un longo período de tempo. No antigo Exipto utilizábanse os cascos de bronce ou de xuncos entretecidos; en Caldea e Asiria tamén os había de ferro. No noroeste da Península Ibérica consérvanse cascos de bronce da época castrexa en Caldelas de Tui (ss II-I a C), Lanhoso (ss II-I a C), Castelo de Neiva (s I a C) e Leiro (700 a C). Os pobos mediterráneos crearon un casco máis resistente que podía ser de dous tipos: o beocio, de viseira longa e recta, e o frixio, cun frontal no canto de viseira. O romano era, en xeral, moi simple, con forma hemisférica. Os dos oficiais eran do tipo frixio, con crista e cimeira incluída, mentres que a galea ou casco de gladiador tiña unha viseira articulada. Na Idade Media pasouse do casco normando e carolinxio, de tipo cónico, ao helmo do cabaleiro. O helmo, que facilitaba unha boa defensa pero resultaba moi incómodo polo seu gran tamaño, foi relegado ás paradas militares e festas.
-
-
s
m
[ZOOL]
Pezuño de cabalo, de burro e doutros perisodáctilos.
Sinónimos: unlla. -
s
m
[MAR]
Corpo dunha embarcación, sen máquinas nin superestruturas. As súas partes son os perfís en T, Z, U, etc, os vaos, a quilla, a roda, o codaste, as cadernas, as aletas de balance e os tabiques que dividen o interior. A súa calidade esencial é a flotabilidade, que determina as súas características de xeito hidrodinámico; ademais, deben considerarse a velocidade e a facilidade de evolución do barco. Na súa orixe foi tallado ou baleirado nun material máis lixeiro cá auga, pero axiña se converteu nunha estrutura estanca construída con materiais diversos, incluso máis pesados ca a auga. Os cascos dos grandes barcos poden construírse con diversos materiais, como madeira, metal ou aceiro, ou mesmo con plástico, que presenta unha mellor conservación pero que esixe unhas técnicas particulares de reparación; o forro exterior pode ser de pranchas remachadas ou soldadas. Os cascos das embarcacións lixeiras deben ser ríxidos, resistentes e liviáns. O volume dos cascos divídese en obra viva (as partes somerxidas) e obra morta (a parte da embarcación que sae á superficie).
-
s
m
Botella ou calquera outro envase baleiro destinado a conter líquidos.
Ex: O tendeiro devolveulle os cascos de cervexa ó repartidor. Hoxe o bodegueiro librou os cascos do viño.
-
s
m
[TECNOL]
Parella de auriculares unidos por unha banda elástica de plástico ou metal, que se adapta aos pavillóns auditivos grazas ao acolchamento que os envolve e á lixeira presión que exerce a banda. Cada un deles recibe unha canle do sinal estereofónico. OBS: Úsase xeralmente en plural.
-
s
m
Resto de uva prensada.
Sinónimos: bullo, bagaño, bagazo, bagullo. -
s
m
Resto de fariña peneirada que se lle dá ao gando.
-
s
m
Castaña seca con casca.
-
s
m
Copa do sombreiro.
-
s
m
-
Cavidade ósea da cabeza dos vertebrados que contén o encéfalo.
Sinónimos: cranio. -
Facultade ou capacidade humana de pensar.
Ex: Non se pode falar con el porque está mal dos cascos.
-
-
s
m
[BOT]
Cada unha das capas grosas de orixe foliosa, que forman os bulbos tunicados como a cebola.
-
s
m
[BOT]
Pezas florais que lembran, pola súa forma, un casco, como as flores do acónito.
-
s
m
[ZOOL]
Estrutura voluminosa que presentan certos animais na cabeza, como os calaos e algunhas focas.
-
s
m
[HERÁLD]
Peza que imita o casco da armadura e que serve para timbrar o escudo heráldico; ponse enriba da liña superior do xefe e constitúe o sinal de cabalería e nobreza. O seu uso comezou no s XIII e xeneralizouse nos ss XIV e XV. No s XVII establecéronse as posicións e definíronse os seus trazos característicos con respecto á materia, forma e situación. O casco é exclusivo das armas xentilicias masculinas, van todos forrados de goles e adoptan características especiais segundo a categoría nobiliaria. Polo que respecta á materia, o escudo pode ser de ouro ou prata, e pode estar perfilado tamén de ouro ou de aceiro brunido. Pode levar, así mesmo, a viseira aberta ou levantada, caída ou cerrada, ou ben cuberta con reixas. A súa medida, en relación co escudo, non pode superar os cinco sétimos da altura deste, e adoita ir colocado sobre a beira superior do escudo (xefe), como símbolo de protección e, se este está inclinado, sobre o ángulo superior máis alto. En sinal de distinción engalanouse con coroas que reflicten os correspondentes títulos nobiliarios. A miúdo, na heráldica dalgúns países tímbrase o escudo de liñaxes con dous ou máis cascos; neste caso, han levar todos a cimeira adecuada e deben someterse ás seguintes regras: o casco correspondente á liñaxe ou feudo principal ponse á dereita; cando o número de cascos é impar, o principal vai no centro e colócase de fronte, e os outros, de perfil e enfrontados nos costados; se o número é par póñense enfrontados, na dereita, o principal ou o das armas paternas, e na sinistra, o das maternas. Polo que atinxe á situación, pode estar de fronte, terciado ou perfilado, mirando ao lado destro; se mira ao sinistro indica bastardía, estea só ou acompañado de escudo. O casco adopta características especiais segundo a categoría nobiliaria. O dos bastardos é de ferro ou aceiro brunido, colocado de perfil e sinistrado, coa viseira baixa (sinais de bastardía) e gornecido de ouro; se o casco co se timbra a armería é morrión ou celada, adóitase adornar con lambrequíns e na parte máis alta do morrión é habitual colocar unha cimeira a xeito de adorno. A celada dos escudeiros donceis e xenerosos é de ferro ou aceiro, de perfil e destrado, viseira sen reixa e gornecido de ouro; a viseira e a parte inferior van entreabertas para indicar que, inda que é o nobre da súa caste, non responde das accións dos outros e a súa misión é máis a de obedecer ca a de mandar. Os antigos fidalgos, que eran cabaleiros ou aqueles a quen o rei lles concedía un cargo importante na corte ou no exército, timbraban o escudo cun helmo de aceiro brunido, terciado con cinco reixas de prata perfiladas do mesmo metal e superadas por un cordón cos esmaltes do brasón; mentres que a celada dos fidalgos, de tres liñas paternas e maternas, era de aceiro brunido co bordo de ouro, de perfil, coa viseira levantada e a parte inferior baixa, con tres reixas gornecidas de ouro e con forro de goles. A dos cabaleiros e fidalgos era de aceiro brunido, de perfil e destrado, viseira aberta que deixa ver tres reixas e o bordo de ouro; a dos nobres e señores, de prata, ao bies e destrado, gornecido de ouro e viseira aberta con cinco reixas de prata; a dos baróns, terciada de prata brunida, perfilada de ouro con forro encarnado, ao bies e destrado, con sete reixas de ouro. Os condes usan helmo de prata terciado e perfilado de ouro, con sete reixas do mesmo metal; os vizcondes, de prata, ao bies e destrado, gornecido de ouro e con sete reixas de ouro; os marqueses, de prata, forrado de vermello, e posto de fronte, con sete reixas gornecidas de ouro, o mesmo ca o bordo. Os príncipes, duques non soberanos e grandes dignatarios da coroa (chanceler, almirante, capitán xeneral, etc) timbran o seu escudo cunha celada de prata bordada de ouro, forrada de damasco, posta de fronte e con nove reixas gornecidas de ouro e perfilada do mesmo metal; os príncipes e duques soberanos usan casco de ouro, forrado de vermello, posto de fronte, coa viseira sen reixas e menos aberta ca a dos reis e emperadores, feito que indica que o seu poder e dignidade é menor ca a destes. Finalmente, o casco dos reis e emperadores é de ouro cicelado e forrado de veludo carmesí, colócase de fronte, e a viseira levántase por completo para indicar que o soberano debe ver e saber todo; se o casco é de emperador remata nunha aguia e cando os reis ou emperadores queren pór reixas na abertura do casco han chegar ás once, excedendo as demais.
-
cascos azuis
[BÉL]
Tropas da ONU, integradas por militares dos exércitos dos seus países membros, que actúan como observadores de conflitos armados e como forzas para o mantemento da paz. Foron galardoados cos premios Nobel da Paz en 1988 e Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1993.
-
casco visualizador
[INFORM]
Aparello empregado en contornos de realidade virtual, destinado a recibir as imaxes en movemento coas que se vive a ilusión de estar nun escenario distinto ao real.
Frases feitas
-
Alegre de cascos. Aplícase á persoa pouco reflexiva.
-
Ter os cascos baleiros. Ser pouco xuizoso.
-
Duro de cascos. Aplícase á persoa torpe.
-
Levarlle os cascos a alguén. Gabar a unha persoa.
-
Meterse algunha cousa nos cascos. Empeñarse nalgunha cousa.