Casellas i Dou, Raimon
Casellas i Dou, Raimon
Crítico de arte, xornalista e escritor. Foi redactor de L’Avenç e crítico de arte en La Vanguardia e La Veu de Catalunya. Con Rusiñol defendeu o movemento da arte pola arte e converteuse nun dos iniciadores do modernismo catalán. Loitou contra a pintura histórica e costumista, e defendeu o impresionismo e o prerrafaelismo. Escribiu a novela Els sots feréstecs (As fochas salvaxes, 1901), coa que iniciou o naturalismo rural, e as coleccións de contos Les multituds (As multitudes, 1906) e o Llibre d’històries (Libro de historias, 1909).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso
Lugar : Sant Joan de les Abadesses