Castalla
Castalla
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado ao pé dun outeiro e drenado polo río Castalla (7.631 h [1996]). A maior parte do termo non é cultivable; predomina o secaño, acompañado de plantacións de viña e oliveiras. A industria de xoguetes, zapatos e o sector téxtil son as principais actividades económicas, que ocupan ao 46% da poboación.