castaña
(< lat castanĕa < gr κάστανον)
-
-
s
f
[BOT/ALIM]
Froito do castiñeiro. Antano constituíu un elemento moi importante na dieta dos galegos. Isto debeuse tanto á súa abundancia como ao seu alto valor calorífico; de feito, en épocas de fame, a castaña foi o alimento que garantiu a supervivencia de moita xente. A partir do s XVIII foise substituíndo pola pataca, de orixe americana. Constitúe un alimento moi apreciado polo seu valor nutritivo e gastronómico. Consómese fresca ou maia. Antigamente, o costume era conservalas para que durasen todo o ano; nos Ancares, púñanas en salmoira e logo torrábanas, mentres que na Rúa de Petín se conservaban en area ou serraduras. A súa recolección ten lugar entre finais de setembro e principios de decembro. As castañas poden consumirse crúas, cocidas (en auga ou en leite) ou asadas. Cando se cocen coa casca denomínanse zonchos, mamotas ou zamelos. Para asalas hai que beliscalas e despois botalas nás brasas ou nun caldeiro furado. A castaña admite outras preparacións culinarias, en especial como integrante de caldos e como gornición de carnes. Tamén se toman con chourizo, que se pincha ao cociñalo para que bote o zume e engádeselle ourego, auga e sal. Ademais, son a base de produtos de confeitería, algúns tan famosos coma o marrón glacé (castañas confeitadas) ou o navideño mont blanc (cono de puré de castañas coa parte de arriba cuberta de crema chantilly). Na comarca do Bierzo prepáranse, tradicionalmente, en xarope. En Euskadi cócense con anís e azucre. Existen industrias conserveiras que as preparan ao natural e tamén en xarope, entre as que hai que destacar a ourensá Cuevas y Cía. A castaña é a protagonista dos populares magostos, tradicionais, sobre todo, no día de Todos os Santos. En Galicia celébranse varias festas gastronómicas protagonizadas pola castaña: en Salcedo (Pontevedra); Barqueira-Cerdido e Cabanas (A Coruña); Chantada, Ribadeo e Folgoso do Courel (Lugo); e, ademais, innumerables magostos populares, entre os que sobresae o de Ourense. Na tradición oral recóllense ditos como: “A castaña no agosto quer arder, e no setembro beber. A castaña que está no camiño é do veciño. Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal. Temperá é a castaña que por setembro regaña. Santo que estás no canizo, bota castañas abaixo; bótamas das melloriñas, que polas ruíns non me abaixo”.
Sinónimos: baloca, croca, degaro, destelo, baloca. Confrontacións: mamela, mamota, zoncho. -
castaña boleca/bolerca/folga
Castaña que non chegou á súa completa madureza e só ten pel.
-
castaña bullada
Castaña que se sacou do ourizo ou que caeu ela soa.
-
castaña degraída
Castaña madura que cae do ourizo.
Sinónimos: degaro. -
castaña do leite
Castaña verde.
-
castaña do san Martiño
Castaña serodia, plana e alongada.
-
castaña maia/do canizo/do carrizo/pisada/reseca
Castaña sen pel e seca.
-
s
f
[BOT/ALIM]
-
s
f
Nome que recibe nalgunhas zonas o tubérculo da pataca. OBS: Tamén se coñece co nome de castaña de/da terra, castaña da horta, castaña mariña e castaña das Indias. Esta acepción explícase porque a partir do s XVIII este produto americano vén substituír a propia castaña na alimentación básica dos galegos.
-
s
f
Órgano xenital feminino.
-
castaña brava/castaña das bruxas
[ESOT/ETN]
Castaña grande e alongada que, segundo a tradición popular, empregan algunhas persoas como amuleto para protexerse do mal de ollo.
Frases feitas
-
Anázcame esta castaña! Dise cando se lle pon a figa a alguén.
-
Auga de castañas. 1 Chuvisca.
-
2 Café frouxo.
-
3 Cousa sen importancia.
-
Darlle a castaña a un. Enganar a unha persoa.
-
Estalarlle a castaña na boca a alguén. Levar un chasco.
-
Estalarlle unha castaña a alguén. Presentárselle un problema.
-
Ir como un ovo a unha castaña/Parecerse un ovo a unha castaña/Ser como un ovo a unha castaña. Desasemellar.
-
Non estar para asar castañas. Non estar para bromas.
-
Sacar as castañas do lume con man allea. Valerse indirectamente doutro para solucionar un problema.
-
Ser/Quedar en auga de castañas. Dise cando algo non chegou ao cabo ou non tivo a fin que se agardaba.
Refráns
- A castaña no agosto quere arder; e no setembro, beber.
- Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.
- Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai TUÍn viño.
- En agosto as castaflas, arder; e en setembro, beber.
- Fíate nas castañas asadas, que, se estoupan, sairanche á cara.
- Temperá é a castaña que por setembro regaña.