castañola
castañola
(< castaña)
s
f
[MÚS]
Instrumento de percusión idiófono que se fai soar facendo bater dúas pezas cóncavas de madeira dura ou marfil, talladas en forma de castaña; a parte superior e máis estreita, a orella, ten dous furados polos que pasa o cordón que as une entre si e co que se suxeitan ao dedo polgar da man. Semellantes aos antigos crótalos, difundíronse no mundo romano, especialmente na Bética, e perduraron sobre todo no folclore andaluz. Modernamente, algúns tipos incorporáronse á orquestra. OBS: Emprégase habitualmente en plural.