Castañón de Mena, Xoán

Castañón de Mena, Xoán

Militar e arquitecto. Comezou a súa carreira militar na Academia de Infantería de Toledo, onde acadou o grao de alférez no 1924. Participou na campaña de Marrocos e despois pasou ao Estado Maior, anos nos que se doutorou en Arquitectura e nos que obtivo o título de enxeñeiro xeógrafo. En 1931 converteuse en capitán e, destinado á Coruña, participou na sublevación militar de 1936. A actividade militar levouno a formar parte das columnas galegas que ocuparon Oviedo e que participaron nas campañas de Teruel, Levante e o Ebro. Trala guerra ascendeu a tenente coronel. Foi axudante de campo de Franco (1952), xeneral de División e gobernador militar de Madrid (1962), xefe da Casa Militar de Franco (1966-1969) e ministro do Exército. No ano 1973 pasou á reserva e regresou á Coruña. Como arquitecto deixou unha mostra da influencia racionalista nos edificios da subestación do encoro de Belesar (1959-1960), onde predomina a idea dunha arquitectura de formigón e vidro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso

    Lugar : A Coruña