Castell i Platja d’Aro

Castell i Platja d’Aro

Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na comarca do Baix Empordá (5.177 h [1996]). Está atravesado pola cubeta tectónica do val de Aro, aberta ao mar pola longa praia de Aro. A actividade turística é a base da economía municipal, pois a devandita praia constitúe un dos centros estivais máis importantes de Catalunya. O sector secundario desenvolveuse en íntima relación co turismo, con predominio das empresas de construción.