Castellanos
Castellanos
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural dos arredores de Chantada, dende onde se espallou a toda a Península coa Reconquista. Tamén fundou casa en Quiroga. Unha rama pasou a México e outra a Quito. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de ouro, aclarado de azul; bordo de ouro. Os de Aragón, Castela, Andalucía e La Mancha ostentan, en campo de sinople, un castelo de ouro. Os de León e algúns de Castela traen, en campo de goles, un castelo de ouro, aclarado de azul; bordo de prata, con seis leóns rampantes de goles. Outros de Castela levan, en campo de prata, dous leóns rampantes de goles. Outra variante emprega, en campo de goles, un castelo de ouro sumado dunha aguia do mesmo metal.