Castellanos Cardiallaget, Pablo

Castellanos Cardiallaget, Pablo

Avogado e político. Licenciado en Dereito no ano 1957 pola Universidad Central de Madrid, formou parte do grupo Abogados Jóvenes. No ano 1966 ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT) e, na década dos setenta, formou parte do Comité Federal do PSOE e da Comisión Executiva da UGT. Na lexislatura constituínte (1977-1979) foi deputado por Cáceres, cargo que renovou nas dúas seguintes lexislaturas (1979 e 1986). En 1985 foi elixido vogal do Consejo General del Poder Judicial e abandonou o seu escano como deputado por discrepancias coa cúpula do seu partido; neste mesmo ano comezou a liderar a corrente crítica Izquierda Socialista. En xaneiro de 1989 abandonou o PSOE e afiliouse ao Partido de Acción Socialista (PASOC), integrado en febreiro dese mesmo ano en Izquierda Unida (IU). En 1989, logo de dimitir como vogal do CGPJ, elixírono deputado por Madrid na candidatura de IU e en 1990 presidente do PASOC.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid