Castelló de Rugat
Castelló de Rugat
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.069 h [1996]). As actividades agropecuarias constitúen a súa base económica, especialmente a agricultura, ao destacaren o cultivo de vide, oliveiras e árbores froiteiras; na gandería sobresaen o armentío porcino e as explotacións avícolas. Pertencente á baronía de Rugat, nun principio, e aos duques de Gandía, despois, foi un foco de poboación mourisca. A igrexa parroquial da Asunción iniciouse en 1536.