Castells Vila, María del Rosario
Médica. Doutora en Filosofía e Letras, licenciada en Medicina, na especialidade de Oftalmoloxía, e docente. En 1967 publicou a súa tese de doutoramento, La comarca natural de Viana del Bolo, e colaborou nos xornais La Voz de Galicia, La Región e El Ideal Gallego. Ademais, participou na elaboración de guións cinematográficos (Rosalía, Lembranzas e Saudades) e teatrais (El general Porlier e La última confesión de Carlos V). Publicou Vivencias de Galicia-Ideario (1968) e a serie Las grandes figuras de la historia antigua. Pertence á Real Sociedad Geográfica, á Real Academia de San Romualdo de Ciencias, Artes y Letras, á Real Academia Hispano-Americana de Cádiz e á Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario. Recibiu, entre outros, o Premio Fernández Latorre (1966) polo artigo “Galicia tierra de contrastes”.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Viana do Bolo