castigar

castigar

(

  1. v t

    Impoñerlle un castigo a alguén porque anteriormente cometeu unha falta ou un delito.

    Ex: Castigárono con dous anos de cadea.

    Sinónimos: punir.
  2. v t

    Corrixir a alguén dunha maneira rigorosa para que non volva cometer o mesmo acto.

    Sinónimos: escarmentar.
  3. v t

    Mortificar fisicamente o corpo ou unha parte del.

    Ex: Castigaba o lombo cun látego na procesión. Lavar a roupa no río castiga moito as mans.

  4. v t

    Estimular as cabalerías para que corran máis dándolle cun látego ou cunhas esporas.

    Ex: Este carreteiro castiga moito os animais.

  5. v t

    Danar algunha cousa un fenómeno natural.

    Ex: A xeada este ano castigou as colleitas.

  6. v t

    Diminuír algo a causa dos gastos que sufriu.

    Ex: Tantos regalos castigan moito o peto.

  7. v t

    Corrixir ou enmendar un escrito.

  8. v t [ECOL]

    Realizar unha extracción excesiva dun recurso natural renovable de xeito que se poña en perigo o seu sostemento.

    Ex: Castigaron o caladoiro ata que quedou sen peixe.

  9. v pron

    Atormentarse unha persoa psiquicamente ao se sentir culpable dalgún suceso desagradable pasado.

    Ex: Logo de sufrir o accidente castigábase porque non fora cuidadosa abondo na condución.

Conxugar
VERBO castigar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigo
castigas
castiga
castigamos
castigades
castigan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigaba
castigabas
castigaba
castigabamos
castigabades
castigaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castiguei
castigaches
castigou
castigamos
castigastes
castigaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigara
castigaras
castigara
castigaramos
castigarades
castigaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigarei
castigarás
castigará
castigaremos
castigaredes
castigarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigaría
castigarías
castigaría
castigariamos
castigariades
castigarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigue
castigues
castigue
castiguemos
castiguedes
castiguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigase
castigases
castigase
castigasemos
castigasedes
castigasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigar
castigares
castigar
castigarmos
castigardes
castigaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
castiga
-
-
castigade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
castigar
castigares
castigar
castigarmos
castigardes
castigaren
Xerundio castigando
Participio castigado
castigada
castigados
castigadas