Castiglione

Castiglione

Familia de pintores. Giovanni Benedetto Castiglione (Xénova 1610? - Mantua 1665), pintor, debuxante e gravador coñecido como Il Grechetto, precedeu á estética do rococó. Nomeado pintor de cámara do duque de Mantua (1648), realizou, entre outras obras, A viaxe de Abraham, Sacrificio a Pan e Dióxenes buscando o home. O seu fillo, Francesco Castiglione (Xénova? - 1716) imitou o seu estilo e sucedeuno como pintor do duque de Mantua. O seu irmán Salvatore Castiglione (Xénova s XVII) pintou obras de temática pastoril.