Castilblanco de los Arroyos
Castilblanco de los Arroyos
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, localizado nos contrafortes de Sierra Morena e drenado polos ríos Viar e Rivera de Cala (4.457 h [1996]). A agricultura de secaño, especialmente as oliveiras e os cereais, así como a gandería porcina e ovina, son as principais actividades económicas. O sector industrial potenciouse coa creación dunha unidade básica de información empresarial. Entre os seus monumentos destacan a igrexa de El Divino Salvador dos ss XVI e XVII e o santuario de San Benito, patrón de Castilblanco.