Castiñeiriño, O

Castiñeiriño, O

Parroquia do concello de Santiago de Compostela. Incluída estatisticamente na cidade de Santiago, non constou como parroquia nas distintas divisións administrativas, nin do Antigo Réxime nin nas constitucionais. O seu carácter parroquial, exclusivamente eclesiástico, debeuse producir por mor do desenvolvemento demográfico que experimentou o lugar como arrabaldo do S da cidade compostelá, e pola súa localización na confluencia das estradas que se dirixen a Ourense e á Estrada.

Datos de poboación (2007)

Concello Santiago de Compostela
Poboación Total 535 h
Poboación Homes 264 h
Poboación Mulleres 271 h