Castro
Castro
Río afluente do Lérez pola esquerda. Nace na parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, no concello de Forcarei, da confluencia de varios regos que baixan da vertente occidental da serra do Testeiro. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que penetra na parroquia de San Miguel de Presqueiras e chega ao límite coa parroquia de Folgoso, no concello de Cerdedo. A partir de aí, vira cara ao O e prosegue pola parroquia de Cerdedo na que desemboca. Cos seus tributarios, entre os que destacan o Ventoxo, pola dereita, e o Seixo (ou Sillar), pola esquerda, drena unha conca de 78 km2 e proporciona un caudal medio de 3,4 m3/s.