Castro, Inés de
Nobre galega, filla de Pedro Fernández de Castro, señor de Monforte. Mantivo relacións amorosas con Don Pedro, herdeiro da coroa de Portugal, e trala morte da súa dona, casaron en segredo no 1354. O rei de Portugal, que intuía nesta relación un posible risco para a independencia de Portugal, ordenou a súa execución. Cando Pedro ascendeu ao trono exhumou o seu cadáver e presentouna como raíña diante do pobo, posteriormente, soterrouna solemnemente no mosteiro de Alcobaça. O tema foi recollido por frei Jerónimo Bermúdez nalgunha traxedia, por García de Resende nun poema, por Camões en Os Lusíadas e Vélez de Guevara tratou o tema en Reinar después de morir (1652). O mito pasou á literatura europea neoclásica e romántica con Victor Hugo e á ópera con Paisiello.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Coimbra