Castro Castro, Manuel de
Sacerdote, arquiveiro e historiador. Diplomado en Biblioteconomía polo Instituto Internacional de la Casa Americana (1946) e doutor en Historia pola Universidad Complutense de Madrid (1953), foi catedrático de Historia da Arte e Metodoloxía no Seminario Maior de Santiago de Compostela. Unha vez instalado en Madrid (1959) traballou na investigación e divulgación de documentos, na elaboración de repertorios bibliográficos, no estudo histórico-artístico de fundacións monásticas e nas biografías de personaxes relacionados coa obra franciscana en España, América Latina e Galicia. Foi redactor da revista Archivo Ibero-Americano (1958) e colaborador en diferentes publicacións, como El Eco Franciscano, La noche e Cuadernos de Estudios Gallegos. Publicou, entre outras obras: Crónica de la Provincia Franciscana de Santiago 1214-1614 (1971), Sociodemografía de la Provincia de Santiago en el siglo XVII (1985), Lenguas indígenas americanas transmitidas por los Franciscanos del siglo XVI (1987), El Monasterio de Santa Clara de Ribadeo (1988), Los Franciscanos de Viveiro y Gómez Pérez das Mariñas (1989), El arte franciscano en España durante los siglos XIII-XVI (1992), Escritores de la provincia franciscana de Santiago: siglos XIII-XIX (1996), Los Almirantes de Castilla, llamados Enríquez (1999). É membro da Real Academia de Historia (1977) e socio fundador da Asociación Española de Bibliografía (1988).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Caldas de Reis