Castro de Paz, Jose Luis

Castro de Paz, Jose Luis

Historiador e investigador cinematográfico. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1987 e doutorouse en 1997 na mesma universidade. A súa actividade móstrase en artigos de revistas especializadas e en diversas obras como: La Coruña y el cine (1896 - 1996), (1996); A crise da transparencia clásica, enturbamentos e desaxustes no cine de Hollywood (1946 - 1960), (1997); El surgimiento del telefilme: los años cincuenta y la crisis de Hollywood: Alfred Hitchcock y la televisión, (1999) ou Alfred Hitchcock, (2000), entre outras. É coautor de libros sobre os cineastas Ramón Torrado e José Sellier. Dirixiu a revista cinematográfica Vértigo, publicada na Coruña entre 1991 e 1998. Colabora no Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, para o que codirixiu a edición dos volumes dedicados a Antonio Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Mur Oti e Gonzalo Torrente Ballester. Tamén participou como redactor en antoloxías e dicionarios cinematográficos e pertence á Asociación Española de Historiadores de Cinema.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña