Castro González, Manuel de

Castro González, Manuel de

Deportista e xornalista. Coñecido como Handicap, destacou como impulsor de novas modalidades e como organizador de eventos deportivos. Iniciou a súa andaina profesional como árbitro de fútbol, actividade na que acadou a categoría internacional. Redactor de Faro de Vigo, dende 1909, fundou e dirixiu outras publicacións deportivas, como Vida Deportiva e Sprint, e colaborou na sección “Notas Deportivas” da revista Nós. Desempeñou funcións directivas na Federación Galega de Fútbol (1921-1922) e dirixiu, con Ruete e Berraondo, a selección española de fútbol. Promoveu a fundación do Real Club Celta de Vigo, creado en agosto de 1923 a partir da fusión dos equipos Real Fortuna e Real Vigo Sporting. Publicou Gestas españolas en la Olimpiada de Amberes (1921) e La Olimpiada de París (1924). No exterior do estadio de Balaídos consérvase, a carón da rúa co seu nome, un monumento na súa memoria. Recibiu numerosos premios xornalísticos e foi galardoado coa medalla dos Xogos Olímpicos de Anveres (1920).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso