Castro López, Manuel

Castro López, Manuel

Xornalista. Comprometido co movemento galeguista, militou no Partido Republicano Federal de Pi i Margall e actuou como secretario na súa Asemblea de Lugo (1887). Fundou o xornal El Ciudadano (1890) e a Asociación de Escritores e Artistas (1891). En 1892 emigrou a Bos Aires, onde dirixiu e colaborou en El Eco de Galicia; en 1898 fundou El Almanaque gallego. Entre os seus libros destacan Los jesuitas al desnudo (1887), Hijos distinguidos de la provincia de Lugo (1890), Efemérides galaicas (1891), La Asociación de Escritores y Artistas de Lugo (1891), Una expedición de La Coruña al Plata en 1526 (1907), Un nuevo hijo ilustre de Galicia: Don Juan Alsina (1908) e De mi firma (1921). En galego publicou, entre outros, os poemas “O consolo” e “Unha lección”. Foi membro da Real Sociedad Geográfica de Madrid, da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia e da Academia Americana de la Historia. Foi nomeado socio de mérito da Liga Gallega (1899) polo seu labor a prol da causa galeguista.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires