Castro Monteagudo, Xosé de
Castro Monteagudo, Xosé de
Mariño, avogado e humanista. Foi o propietario do pazo barroco que alberga o Museo Provincial de Pontevedra dende 1760, construído posiblemente seguindo as trazas que o levaron a mellorar a casa familiar que xa existía neste lugar e que ennobreceu a praza da Leña. O Marqués de la Ensenada nomeouno primeiro auditor da Mariña de Pontevedra e subdelegado da renda das salinas do Reino de Galicia en 1754. Exerceu como avogado na cidade e probablemente como mestre de humanidades e profesor de latín. Está enterrado na capela de San Francisco de Pontevedra. Unha das salas do Museo Provincial leva o seu nome.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso