Castro Neira, Antonio María de

Castro Neira, Antonio María de

Poeta. Realizou estudios eclesiásticos e foi catedrático de Filosofía no seminario de Mondoñedo. Escribiu en galego múltiples composicións de carácter relixioso musicadas polo mestre de capela Xosé Pacheco (1784-1865), sobre todo varios vilancicos que se conservan manuscritos no Arquivo Musical da catedral de Mondoñedo. Da súa produción literaria en latín destaca a “Oda a la muerte de Luís XVI” e Phisica Tentamina (1798); e, en castelán, “En elogio de Don Andrés Gacio”. Das súas composicións en galego destaca a poesía “Noiteboa” e os vilancicos “Alegrádevos pastores” ou “Vinde axiña, compañeiros”.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Mondoñedo

  • Deceso

    Lugar : San Pedro de Argomoso