Castro Rodríguez, Xavier

Castro Rodríguez, Xavier

Profesor e escritor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, colabora dende 1987 en El Correo Gallego (Correo das Culturas) e noutras publicacións como Grial, Boletín Galego de Literatura, Xermolos, Encrucillada e codirixe a revista Casa da Gramática. Realizou as edicións de Alfredo Brañas. Obras selectas (1990), Valentín Lamas Carvajal. Obras selectas (1991) e Antón Avilés de Taramancos (2000), e participou na edición e estudo de Aturuxo (1994), Alba (1995), Gelmírez (1995), Plumas e letras en La Noche (1996) e La Noche (1996). Publicou as traducións Don Don e Dona Dona veñen á escola (1989), Historia da Arte Galega. Renacemento (1991), Historia da Arte Prehistórica e Romana (1993) e Cadernos para a reforma (1989-1991). Coordinou e participou no equipo de redacción do Dicionario Conceptual Galego (1997).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Salceda, O Pino