Castro Santos, Antonio de
Castro Santos, Antonio de
Pintor. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, entre outras obras, no dourado do retablo das reliquias vellas (1675), na pintura dos colaterais de Santiago Alfeo e María Salomé (1685), e nas imaxes do Apóstolo Santiago, san Pedro e san Paulo da capela das Ánimas. En 1688 pintou e dourou o retablo de san Miguel na igrexa parroquial de Vilagarcía de Arousa e, en 1691, traballou no retablo principal, nos colaterais e nos púlpitos da igrexa monacal de Santa María a Nova (Lugo).