Castro Santos, Fernando

Castro Santos, Fernando

Xogador e adestrador de fútbol. Como preparador da Sociedade Deportiva Compostela (1989-1995) conseguiu ascender o club de xeito consecutivo dende a terceira división á segunda B (tempada 1989-1990) e á segunda A (tempada 1990-1991). Logo de tres tempadas en segunda A (1991-1992, 1992-1993 e 1993-1994), acadou o ascenso á primeira división por vez primeira na historia do club santiagués e, ao remate da tempada seguinte (1994-1995), abandonou a S D Compostela, despois de rematar o Campionato de Liga nun posto de permanencia na máxima categoría. Na tempada 1995-1996 e 1996-1997 dirixiu o equipo de primeira división do Real Club Celta de Vigo. A seguir marchou a Portugal para adestrar, na tempada 1997-1998, o Sporting Braga, equipo de primeira división. Despois foi adestrador do Sevilla Club de Fútbol (1997-1998) e do Club Deportivo Tenerife (1999-2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lourido, San Salvador de Poio, Poio