Castro Veiga, Xosé

Castro Veiga, Xosé

Militar e guerrilleiro republicano. Coñecido como O Piloto ou Luís, traballou como carpinteiro antes de ir voluntario á guerra en defensa da República. Rematou a guerra co grao de cabo de aviación e foi encadeado durante dous anos. No ano 1943 ingresou no Partido Comunista e, en setembro de 1945, retornou a Galicia para incorporarse ao grupo guerrilleiro liderado por Ramón Rodríguez o Curuxas. Dende 1949, tralo seu nomeamento como xefe da III agrupación, enfrontouse en numerosas ocasións á Garda Civil. Foi o derradeiro guerrilleiro galego, xa que a súa vida como fuxido se prolongou ata 1965, cando morreu traizoado por un antigo enlace. Foi o autor do deseño da cabeceira do xornal El Guerrillero, de todos os debuxos publicados pola prensa clandestina durante os anos corenta e, xa na década dos cincuenta, editor do boletín Vida Guerrillera.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : O Corgo

  • Deceso

    Lugar : Belesar, Chantada