Castro Zahera, Luís

Castro Zahera, Luís

Actor. Comezou a súa andaina profesional en 1986 con Teatro de Cámara Ditea. Entre 1990 e 1996 formou parte de distintas compañías, entre as que destacan O Moucho Clerc, Teatro do Aquí, Producións Máxicas, Espello Cóncavo, Centro Dramático Galego e Teatro do Noroeste. Entre os espectáculos nos que traballou destacan Nau de amores, de Gil Vicente (1995), Estación Mahagonny, de Bertolt Brecht (1998) e A Cacatúa Verde (2001), de Arthur Schnitzler. Participou tamén en diversos filmes e en televisión, onde destacou o seu papel na serie Mareas vivas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela