Castrop-Rauxel
Castrop-Rauxel
Cidade do land de Nordrhein-Westfalen, Alemaña, no sector oriental da conca do Ruhr, á beira do río Emscher (78.600 h [1990]). A cidade está formada pola unión de dous núcleos, Castrop e Rauxel, creados para a explotación das minas de carbón.