Cástulo

Cástulo

Cidade do pobo prerromano dos oretanos, situada na beira dereita do río Betis, na fronteira entre a Hispania Citerior e a Ulterior. Destacou pola importancia das súas minas e pola súa situación estratéxica, que lle permitía controlar o acceso ao val do Guadalquivir desde a costa mediterránea. Nesta poboación, os cartaxineses derrotaron o exército romano (212? a C), dirixido polos irmáns Publio e Gneo Escipión, que morreron na contenda. Durante o período imperial mantivo o seu poder e converteuse nunha das primeiras sés episcopais de Hispania. Foi abandonada trala crise baixoimperial do s III d C. Os seus restos localízanse no lugar de Cazlona, nos arredores de Linares.