Catamarca
Catamarca
Capital da provincia homónima, Arxentina, á beira do río Valle, que forma un val ao O da serra andina de Ancasti (110.269 h [1995]). Típica cidade colonial, presenta un trazado urbano rectangular. O cultivo de algodón e viña, e a cría de gando vacún son as principais actividades económicas. É un importante centro turístico, principalmente no inverno debido á suavidade do seu clima. Fundada en 1559 por Juan Pérez de Zurita co nome de Nueva Inglaterra, no ano 1683 Fernando de Mendoza trasladou esta capital á súa localización actual.