Catamarca

Catamarca

Provincia de Arxentina, na rexión Andina (102.602 km2; 287.567 h [1995]). A súa capital é Catamarca. No seu relevo distínguense as seguintes zonas: a Puna, ao NO, onde alternan aliñacións montañosas con vales; as serras andinas e as serras da Pampa, que penetran na provincia desde o Peñón Norte, ocupado ás veces por bolsóns e salinas, como as de Antofalla e Hombre Muerto. Presenta un clima continental árido con contrastes térmicos provocados pola diferenza de altitude. A súa vexetación é, xeralmente, esteparia (principalmente espinillo) e entre as árbores destaca o ervello de Ceratonia. Os seus principais recursos económicos son a agricultura nas áreas dos oasis e a gandería, principalmente a cría de cabras nas rexións pobres. Ten unha gran tradición a explotación mineira e destacan os xacementos de ferro. A industria redúcese a pequenas fábricas de augardentes e confección de tecidos.

Palabras veciñas

Catalunya | catamarán | Catamarca | Catamarca | catamenia | catamenial | catana