Catarina de Alexandría, santa
Virxe e mártir cristiá. A tradición relacionouna coa célebre filósofa pagá Hypatia e fixo dela a Palas Atenea cristiá. Conta a lenda que un ermitán a converteu ao cristianismo e lle propuxo como único noivo digno do seu mérito a Xesús. Segundo unha tradición do s IX, morreu martirizada en Alexandría durante a persecución dos cristiáns efectuada por Maximino, gobernador de Exipto. Disque venceu dialecticamente a 50 doutores ou sabios de Alexandría, enviados polo Emperador para refutar a súa elocuencia. Logo, foi azoutada e encarcerada pero logrou sobrevivir ao ser alimentada por unha pomba. Durante o seu cativerio logrou converter a Emperatriz Constanza e o xefe de tropas Porfirio. Posteriormente, o emperador acordou martirizala mediante unha roda dentada de púas ou coitelas, pero un raio esnaquizou a roda e cegou os verdugos. Finalmente, morreu decapitada. Conta a lenda que da súa ferida xurdiu leite e que uns anxos trasladaron o seu corpo ao monte Sinaí, onde se construíu un mosteiro que se convertería en centro de peregrinacións desde a época das cruzadas. É patroa dos teólogos, dos estudiantes, dos filósofos, do tribunal da Sagrada Rota Romana, dos gremios medievais que empregaban a roda, como os carpinteiros, toneleiros, muiñeiros, carreteiros, e tamén da morte repentina. Na iconografía adoita ir coroada e leva como atributos: a roda dentada e a espada "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( alusión ao seu martirio "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) , o libro "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( símbolo da súa sabedoría "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) , o anel nos dedos "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( símbolo do seu matrimonio místico con Cristo "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) e a pomba "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( que lle daba de comer na prisión ou que a aconsellaba na súa dialéctica cos filósofos "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) . A súa festa celébrase o 25 de novembro, agás en Bretoña e na Pastoriza onde ten lugar o día 30 do mesmo mes. É titular de 3 parroquias e patroa do concello da Teixeira, onde se celebra o 25 de novembro. A reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";