Catarina de Francia

Catarina de Francia

ou Valois (París 1401 - Bermondsey 1437) Raíña de Inglaterra, filla de Carlos VI de Francia. No Tratado de Troyes acordouse o seu casamento con Enrique V de Inglaterra (1420), recoñecido como herdeiro do soberano francés. O seu fillo Enrique VI foi proclamado rei de Francia e Inglaterra. En 1428 casou con Owen Tudor e un dos seus netos, Enrique Tudor, foi rei de Inglaterra.