Catarina de Medici

Catarina de Medici

Raíña (1553-1559) e rexente (1560-1574) de Francia, filla de Lorenzo de Medici, duque de Urbino. En 1533 casou co futuro Enrique II de Francia. Despois da morte do seu marido en 1559 dirixiu a política francesa, tanto durante a rexencia como no resto do reinado do seu segundo fillo, Carlos IX. Ante o avance protestante negociou acordos políticos co seu xenro Filipe II, casado con Isabel de Valois, pero na Paz de Saint-Germain (1570) mostrou tolerancia cos protestantes. Alarmada pola influencia que o calvinista Cologny exercía sobre Carlos IX, acabou cedendo á presión católica e consentiu a matanza de san Bertomeu o 24 de agosto de 1572.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso

    Lugar : Blois