Catarina de Siena, santa
Relixiosa italiana. De nome Catarina Benincasa, aos dezaseis anos entrou na Terceira Orde dominicana e levou unha vida ascética, consagrada a obras de penitencia. En 1376 foi a Aviñón co fin de convencer a Gregorio XI para que a sé papal regresase a Roma, co conseguinte volta do papa, despois de 70 anos en Aviñón. En 1378 mediou na paz entre Florencia e Gregorio XI, e preparou a adhesión de Nápoles a Urbano VI. Entre as súas obras destaca o Diálogo "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ( Il libro della divina doctrina "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) e 380 cartas que amosan a súa actividade político-relixiosa. No ano 1461 foi canonizada e en 1970 proclamárona doutora da Igrexa. Declarada por Pío II segunda patroa de Roma, é patroa tamén das mulleres solteiras. Os dominicanos pretenderon que tamén sufrira a estigmatización como san Francisco, feito que negaron os franciscanos. Na iconografía viste hábito branco e capa negra dos dominicanos, leva na man a flor de lis "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( símbolo da súa virxindade "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) e un crucifixo, e, como atributos, un corazón e unha coroa de espiños na cabeza "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( símbolo da súa unión mística con Cristo "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) . A súa festa celébrase o 29 de abril. "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Siena, Toscana -
Deceso
Lugar : Roma