Cateau-Cambrésis, Tratado de

Cateau-Cambrésis, Tratado de

Paz asinada en Cateau-Cambrésis (actual Cateau Cambresis), Francia, o día 2 de abril de 1559 entre Francia e Inglaterra, e o día 3 entre Francia e a monarquía hispánica, que puxo fin ás guerras entre Francia e os Habsburgo. No tratado con Inglaterra, Francia recuperou a cidade de Calais e, pola paz con Filipe II, as prazas de Somme; ademais, conservou os bispados de Metz, Toul e Verdun, recoñeceu as posesións hispánicas en Italia e nos Países Baixos, e devolveu Córsega aos xenoveses e Savoia e o Piemonte ao duque de Savoia, agás algunhas prazas fortes máis alá dos Alpes. Lombardía quedou repartida entre os Savoia, os Farnesio e os Gonzaga. Por último, acordaron o matrimonio entre Filipe II e Isabel de Valois, filla de Enrique II.

Palabras veciñas

2 catch* | 3 catch* | catcher* | Cateau-Cambrésis, Tratado de | catechú | catecismo | Catecismo de Santiago, El