Catón, Marco Porcio

Catón, Marco Porcio

Político romano. Chamado o Uticense, era bisneto de Catón o Vello. Comezou a súa carreira pública como tribuno militar en Macedonia, no ano 72 a C, onde coñeceu as doutrinas filosóficas estoicas. Ao seu retorno a Roma, exerceu de cuestor atacando os colaboradores do tirano Sila. Elixido tribuno no ano 62 a C, compartiu o cargo con Cicerón e Catulo, e loitou no Senado contra as ambicións de César, Craso e Pompeio. Durante o consulado de César foi encarcerado, pero a presión popular liberouno. No ano 54 a C accedeu ao cargo de cuestor, desde o que tentou corrixir a situación de corrupción e desorde imperante. Cando se desencadeou a guerra civil púxose de parte de Pompeio, ao que seguiu ata á súa morte. Logo marchou en axuda de Escipión. Suicidouse despois da derrota de Thaos. Foi considerado como un exemplo para os estoicos. Dos seus escritos, consérvase unha carta a Cicerón.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Utica