Cava de’ Tirreni
Cava de’ Tirreni
Cidade da provincia de Salerno, situada na Campania, Italia, nunha área agrícola de poboación dispersa (53.253 h [1997]). Ademais da agricultura, destaca a industria algodoeira como parte importante da súa economía. Preto da cidade, en Monreal, está o mosteiro beneditino de La Trinità della Cava, fundado en 1011 por san Alferio. O actual edificio, reconstruído en 1796, conserva un claustro gótico.