Cavite
Cavite
Cidade da rexión do Tagalog Meridional, provincia de Cavite, na illa de Luzón, Filipinas (87.813 h [1980]). Situada nunha chaira cunha grande actividade agrícola, produce principalmente arroz, cana de azucre e cocos. Posúe unha base naval. Durante a guerra hispano-norteamericana foi ocupada polas tropas norteamericanas trala Batalla naval de Cavite (1 de maio de 1898).