Caxés, Patricio
Caxés, Patricio
Pintor e arquitecto italiano. Chegou a España para traballar ao servizo de Filipe II e foi pintor de cámara de Filipe III. Traballou en El Escorial e no Alcázar de Madrid. Das súas obras, a maioría perdidas, destaca o fresco Historia de José (1608), exposto no Palacio del Pardo. Traduciu o Tratado de arquitectura de Vignola.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Arezzo -
Deceso
Lugar : Madrid