Cayrol, Jean
Cayrol, Jean
Escritor francés. Precedesor de Samuel Beckett e do nouveau roman, a súa obra inicial inclúese na estética surrealista; posteriormente pasou a ser máis intimista e a basearse nas súas vivencias persoais. Como poeta publicou Le hollandais volant (O holandés voador, 1936), Poèmes de la nuit et du brouillard (Poemas da noite e da néboa, 1945) e Poésie-Journal (Poesía-Xornal, 1969-1980); no eido da narrativa é autor, entre outras obras, de Le froid du soleil (O frío do sol, 1963), Histoire de la mer (Historia do mar, 1973) e Histoire du ciel (Historia do ceo, 1979). Escribiu tamén numerosas novelas, guións de cine e curtametraxes. Dende 1973 é membro da Académie Goncourt.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bordeos