Caza, La

Caza, La
[IMAX]

Produción cinematográfica española realizada por Carlos Saura en 1965 e interpretada por Ismael Merlo, Alfredo Mayo, José M. Prada, Emilio G. Caba e Fernando S. Polack. A acción do filme desenvólvese nun couto onde catro homes se reúnen para cazar. As disputas que se suceden entre eles ao longo da xornada por mor dos recordos da Guerra Civil, onde combateran, fan que xurda a violencia. Os detalles técnicos, a fotografía e o simbolismo destacan nesta produción de Elías Querejeta.