cazoleiro -ra
cazoleiro -ra
(< cazola)
-
s
Persoa que fabrica cazolas.
-
adx e s
Que ou quen ten o costume de andar na cociña mirando e probando o que se cociña.
Ex: Non quere que ningúen ande de cazoleiro pola cociña cando está cociñando.
Sinónimos: cazola. -
adx e s
Que ou quen se entremete en asuntos domésticos que non realiza.
Ex: É un cazoleiro e aínda me dixo que estaban as camas mal feitas. É unha cazoleira, nunca fixo nada e sempre critica o traballo de todos.
Sinónimos: cazola.