cazoleta

cazoleta

(< cazola)

  1. s f [ETN]

    Cada unha das aspas que forman a armazón exterior do rodicio do muíño.

  2. s f [ETN]

    Peza de madeira situada debaixo do leito do carro na que se leva a graxa que se lle aplica ao eixe.

  3. s f
    1. Peza ou parte de calquera obxecto que ten forma semiesférica.

      Ex: As cazoletas do anemómetro xiraban a moita velocidade.

    2. [BÉL]

      Peza da gornición ou puño da espada que resgarda a man.

    3. [BÉL/HERÁLD]

      Peza que se pon na parte exterior do broquel para cubrir a empuñadura.

  4. s f
    1. Receptáculo cóncavo de calquera obxecto que pode conter algo, como pode ser o depósito do tabaco dunha cachimba.

      Ex: O detective encheu a cazoleta con tabaco cubano.

    2. [BÉL]

      Peza do puño das armas de fogo onde se pon o cebo.

Palabras veciñas

cazolear | cazoleira | cazoleiro -ra | cazoleta | cazolo | cazón | cazonal