Ceará
Ceará
Estado de Brasil, localizado entre o Océano Atlántico e Serra Grande, drenado polos ríos Jaguaribe e Curu (146.348 km2 ; 6.809.290 h [1996]). A súa capital é Fortaleza (1.965.513 h [1996]). Forma parte da rexión semiárida do NO. Os cultivos principais son o algodón, o trigo, a cana de azucre, o plátano, o arroz, a mandioca e as patacas doces. Foi colonizada polos portugueses a comezos do s XVII e gobernada polos holandeses entre 1637 e 1654. Pertenceu á capitanía de Pernambuco desde 1680 ata 1799, ano no que se independizou. Ao ser proclamada a República brasileira (1889) converteuse en estado.